luns, 26 de xuño de 2017

DESPEDIDA

Hoxe é 26 de xuño e o blog case queda sen actualizar!Non se dá feito!
Facendo un percorrido por el,mestúranse moitas sensacións.
A estas alturas de curso,despois de exames,avaliacións,viaxes..., o cansanzo está moi presente e non sei se o traballo feito deixará algunha pegada nestes rapaces e rapazas, se esas tertulias dos  libros,esas emocións compatidas serán lembradas con cariño ou non.Espero que si.
A frustración e satisfación van da man,pero desexo que non me falte a ilusión,que moitas veces perdo,para poder seguir.Isto non é nada para o que require a lectura,pero confórmome que aqueles que nunca lles gustou ler empecen e os que len, maduren na súa andaina lectora.Só que o consiga con algún xa me dou por satisfeita.
Evidentemente,agradecer a todos e todas os que aportan a súa axuda para que funcione,sen eles non sería posible,sobre todo,ás miñas compañeiras Sonia e Conchi.Grazas tamén ás nais que viñeron correndo para poder estar un luns a mediodía,a Jose e ,ante todo, aos meus alumnos e alumnas que moitas veces andan polos corredores buscándome para a reunión:"Profe, temos o club!".Nese momento é cando digo que merece a pena:estanme buscando para ler e falar de libros!
Deséxovos a todos e todas un FELIZ VERÁN e como vos digo sempre:
NON ESQUEZADES LEVAR UN LIBRO NA MOCHILA!!!!

RESUMO TRIMESTRE

DÚAS NAIS!


Este ano contamos,na última reunión, coa asistencia ao club de dúas nais.Sabemos que había máis para participar,pero por motivos de horario e laborais,non foi posible.Foi unha experiencia moi positiva e esperamos que se animen máis o próximo curso para que a familia do "Lecturas Aquis "siga medrando.
Moitas grazas pola súa partipación!


















FOMOS A SANTIAGO ÁS XORNADAS DOS CLUBS DE LECTURA

Madrugamos moito e alá marchamos a Santiago ás xornadas dos Clubs de lectura.Foi unha experiencia moi interesante.Mereceu a pena o madrugón!






EXCURSIÓN CO CLUB DE LECTURA DO IES DE CELANOVA

O 22 de xuño realizamos unha reunión conxunta co club de lectura do IES de Celanova.
O lema era:"Contos xudeus para un percorrido por Ribadavia".Irma ,a profe de Celanova, traia todo moi ben organizado e foi unha xornada divertida e ó mesmo tempo moi educativa.Pasámolo xenial.
Grazas Irma!!! 






sábado, 3 de xuño de 2017

VISITA AO COLEXIO XAQUÍN LOURENZO

Vai pasando o curso e xa estabamos ansiosos de facer unha actividade conxunta co colexio.
O club do IES expúxolles ,co motivo do "Día do libro", a  lectura do libro: A lagoa das nenas mudas, a través de viñetas realizadas por eles.Os nenos e nenas do colexio estaban moi atentos:falaban os "maiores"!
Logo ,eles explicáronlles a súa experiencia:un traballo sobre as emocións e sentimentos que , en certa medida, se relacionaba coa temática do libro antes citado.
MOITAS GRAZAS pola acollida que nos fixeron.
Repetiremos,pero..., ese será outro capítulo.







mércores, 1 de marzo de 2017

NAMÓRATE...DA LECTURA!!!!!!!

Chegou San Valentín e, por suposto, adicamos esa semana a expoñer libros de temática relacionada co amor para ler na biblioteca e  préstamo.Houbo moitos/as namorados/as deles.Fantástico!


VISITA DE CARLOS NEGRO




VOLTAMOS!

Xa estamos de novo aquí con moitas ganas de seguir.
Comezamos lendo a Fina Casalderrey, a autora elixida para este segundo trimestre.







luns, 2 de xaneiro de 2017

ANIMADO DECEMBRO!

O mes de decembro sempre é moi atarefado,pero aínda así os nenos do club son moi aplicados e éste é o seu traballo achegado:
-escribiron e leron versos(moi libres)ao Nadal,algúns con certa crítica.



Versos from Teresa on Vimeo.


-tamén o noso particular "Mannequin Challenge": a última moda.


 
mannequin challenge from Teresa on Vimeo.

-"Arte na biblioteca"
Até se atreveron a facerlle a competencia a Quentin Blake coas ilustracións e opinión persoal engadida.




 
from Teresa on Vimeo.

-e por último,como recompensa , unha sesión de cine coa película "El gran gigante bonachón " de Steven Spielberg ,baseada noutra obra de Roald Dahl.


BO TRABALLO!
PASALO BEN E COLLER FORZAS PARA SEGUIR EN XANEIRO!
BOAS FESTAS!!!!!!!